Pintura Arq. Eduardo Moreira Santos, Lx (28.08.1904 - 23.04.1992)

segunda-feira, 9 de novembro de 2015

Galiza – Associação “Amigos da Terra” denuncia cruzada contra o património arbóreo

Amigos da Terra denuncia a corta polo pé de sete plataneiros de sombra "Platanos hybrida" de grandes dimensións na estrada OU 150 no nucleo urbán de Cudeiro, Concello de Ourense, árbores de grandes dimensións que levaban alí máis de 75 anos, non estorbaban nin supuñan risco para o tráfico.


Na cidade de Ourense continuase coa cruzada contra o patrimonio arbóreo sen xustificación, sen sensibilidade, nunha demostración máis da falla de políticas medio ambientais que fomenten a sustentabilidade e a conservación do pouco patrimonio natural con que conta a cidade.

Lembrar que as cidades que teñen/promoven políticas medio ambientais e que fomentan a sustentabilidade dos seus recursos naturais co desenvolvemento económico, unha das súas primeiras actuacións consiste en catalogar o seu patrimonio arbóreo, facer un seguimento do estado de saúde das árbores, coidar e realizar tratamentos axeitados para curar as árbores que poidan estar enfermas, actuacións que se complementan con campañas de sensibilización/educación cara a poboación

De forma inxustificable veñense destruíndo varios exemplares de árbores nos últimos meses, actuacións incompatibles coa imaxe dunha cidade que se dí "termal", cunha cidade que polo seu potencial, pola súa situación xeográfica e polos valores naturais con que conta podía ser unha das referencias de desenvolvemento sustentable en Galicia.

Dende Amigos da Terra consideramos que son horas de que o Concello de Ourense cree o Consello de Medio Ambiente. Que o Concello catalogue o patrimonio arbóreo con que conta a cidade. Que o concello antes de destruír as árbores que son patrimonio da cidade busque o asesoramento necesario e non proceda como ten feito ate o de agora talando polo pé exemplares únicos como os sete plataneiros de sombra. As árbores non son un estorbo, son parte da cidade e a súa conexión coa natureza. In “Amigos da Terra” - Galiza

Sem comentários:

Enviar um comentário